Destacados Vigo al minuto

O comercio de alimentación de Vigo irá á folga se non se suben os soldos e se reduce a xornada

Podería ser o vindeiro día 23

A CIG-Servizos convocará folga no comercio de alimentación de Vigo e do conxunto da provincia de Pontevedra no caso de que a patronal non acepta reducir a xornada e pactar unha suba salarial que «recoñeza o esforzo
feito polo persoal do sector nos últimos anos».

Sete xuntanzas sen acordo para pechar un convenio «digno»

Así o anunciou a secretaria nacional, Transi Fernández, ao remate da manifestación celebrada onte na cidade para reclamar un «convenio colectivo digno» e denunciar o «bloqueo das negociacións por parte do empresariado».

Nesta liña, e responsábel sindical censurou que tras sete xuntanzas, «a patronal aínda non achegou ningunha
proposta económica que permita avanzar na posibilidade dun acordo»
. Nesta liña, engadiu que por iso, a central decidiu poñer en marcha un calendario de mobilizacións, que comezou en Pontevedra e seguiu este domingo en Vigo, cunha mobilización de centos de persoas traballadoras.

Por iso, finalizada a protesta Fernández lembrou que tamén se está a negociar o convenio de Lugo, no que a parte empresarial ofrece un incremento do 4 % para o ano 2023. Esta proposta foi rexeitada pola CIG, logrando que se convoque folga para o 23 de xuño.

Todo depende da xuntanza deste martes

Deste xeito, se na reunión prevista para este martes, a patronal non achega propostas próximas ao que reivindica o sector “haberá que tomar medidas de presión máis máis contundentes como parar o día 23”. Neste sentido, Fernándezs lamentou que os outros sindicatos presentes na mesa de negociación non quixeran participar das mobilizacións. Mesmo “criticando incluso a nosa convocatoria e poñendo en dúbida a representación da CIG na mesa, que é de maioría absoluta”.

Sector «esencial» durante a pandemia

Finalmente, fixo fincapé en que “non pode ser” que un sector que foi considerado esencial durante a pandemia “logo o esforzo do seu persoal non se vise compensado”. Por iso, sinalou, ademais dunha suba salarial digna “reclamamos algo importante: a redución de xornada para poder conciliar e descansar”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.