RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Nava Castro segue tendendo a man a ACIP para gobernar Ponteareas en coalición

Tivo unha xuntanza con Juan Carlos González o pasado día 1

O Partido Popular designou esta mañá aos deputados provinciais nos Partidos Xudiciais de Pontevedra, Tui e Ponteareas. No primeiro caso, os deputados serán o líder do PP na cidade, Rafa Domínguez; o alcalde de Cerdedo-Cotobade e actual voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; e a voceira do PP en Cuntis, Isabel Couselo que, no seu caso, compartirá mandato co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, que ocupará o escano os últimos dous anos. No Partido Xudicial de Tui os deputados provinciais serán os alcaldes do Porriño e da Guarda, Alejandro Lorenzo e Roberto Carrero, que neste caso compartirá escano con Lara Meneses, de Tomiño, mentres que en Ponteareas o deputado tamén rotará, de xeito que os dous primeiros anos de mandato a deputada será Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, e os dous últimos, Pablo Castillo, alcalde de Covelo. Con estas designacións, que fixeron ao longo desta mañá os concelleiros do Partido Popular nas súas respectivas xuntas electorais, o PP ten practicamente pechado o seu Goberno, á espera de que mañá se designen os tres deputados do Partido Xudicial de Vigo, que un recaerá en Marta Fernández-Tapias. Segundo explica o presidente provincial e próximo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, estase formando a un equipo cos mellores perfís para ofrecerlle aos pontevedreses o mellor goberno provincial posible. Un goberno que, como indicou hai uns días, centrarase en recuperar a súa eficacia para dar apoio e colaborar con todos os concellos da provincia.

Nava Castro mantén a man tendida a ACIP, desde o 28 de maio, cando o PP foi a forza máis votada en Ponteareas, para chegar a un acordo que permita formar un goberno de coalición. O mesmo contaría con maioría absoluta (11 concelleiros de 21). Hai que lembrar que o Partido Popular acadou 7 edís (+2); BNG 6 (-3); ACIP 4 (=); PSOE 2(-1), Independentes de Ponteareas 1 e Ponteareas en Común 1.

Castro afrontar cinco días clave de negociación-as corporacións confórmanse o sábado día 17- logo de «ter sido totalmente clara e transparente dende o minuto 1», asegurando que a única liña vermella para poder chegar a acordos é que a Alcaldía ten que ser para a candidata máis votada.

Un encontro

Ata hoxe houbo un encontro, da propia Nava Castro co cabeza de lista de ACIP, Juan Carlos González, o pasado día 1. A xuntanza, sen difusión mediática, sen equipos negociadores, durou 45 minutos e, indican dende o PP, foi un «encontro vis a vis».

«Co-protagonista»

Para os populares ACIP ten que ser «co-protagonista [da xestión municipal] durante os vindeiros 4 anos» e confían en «chegar a acordos que dean unha oportunidade á nova etapa que se abriría en Ponteareas”. Precisamente sobre as posibilidades de cara ao pleno de toma de posesión do sábado 17 de xuño, a líder popular insiste en que “só existen dúas opcións, que non se moveron un ápice desde a noite electoral: ou ACIP se suma ao noso proxecto, ao que están invitados a formar parte activa e ser fundamentais no futuro da nosa vila, ou respectan os resultados das urnas e permiten gobernar á lista máis votada, que ademais conta co proxecto político e o equipo para facelo posible en minorí

También te puede interesar