Galicia Vigo al minuto

As oposicións de Enfermaría para o SERGAS serán o domingo día 25 de xuño

Habilitaranse liñas de buses para desprazarse a Silleda

As oposicións de Enfermaría para o SERGAS serán o domingo día 25 de xullo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a data das oposicións de Enfermaría do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para o vindeiro domingo 25 de xuño, ás 10,00 da mañá, no recinto feiral de Silleda.

10.000 aspirantes a 1.135 prazas

En total, o SERGAS convoca 1.556 prazas, das cales 1.135 son de acceso libre. Outras 89 están reservadas para persoas con discapacidade e as 332 restantes son de promoción interna. A previsión da Xunta é que ao redor de 10.000 persoas aspiren ás mesmas.

Así mesmo, a convocatoria indica os requisitos que teñen que cumprir os opositores e opositoras: presentar o DNI -ou un documento semellante que permita a súa identificación- e levar impresa unha acreditación para entrar no recinto feiral (a mesma será un código QR que poden obterse na ‘oficina virtual ‘FIDES/expedient-e‘).

Autobuses

Por último, haberá 9 autocares especiais de Monbus para desprazarse a Silleda: e xa é posible comprar os billetes ‘on line’ para viaxar dende Vigo, Verín, Monforte, Lugo, A Coruña, Ribeira, Muros, Muxía e Ferrol. Os mesmos pararán noutros concellos, como Pontevedra ou Santiago.


Te podría interesar