Destacados Vigo al minuto

“Candidatura renovada” do PSOE, con Regades e Silva para Congreso e Senado

Non repite ningún dos actuais deputados socialistas pola provincia

"Candidatura renovada" do PSOE, con Regades e Silva para Congreso e Senado

As listas do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ao Congreso e ao Senado para as próximas Eleccións Xerais do 23 de xullo saíron adiante “por aclamación”, este xoves.

Congreso

A candidatura ao Congreso está encabezada polo secretario xeral dos socialistas pontevedreses e actual delegado da Zona Franca, David Regades (Vigo), e continúa, por esta orde, con Margarita Adrio (Pontevedra); Modesto Pose (Vilagarcía); Paula Fernández (Silleda); Luis Piña (A Cañiza); Marta Giráldez (Meis) e Samuel Lago (Cambados). En calidade de suplentes figuran Vanesa Fernández (Ponteareas), Ladislao Alonso (Nigrán) e Estrela Vilacoba (Pontevedra).

Senado

A candidatura ao Senado ten como titulares á presidenta do PSdG e presidenta en funcións da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (Vigo), Luis López Bueno (A Estrada) e Verónica Pichel (Forcarei). As persoas suplentes da primeira candidata son Leticia Gallego (Vigo) e Daniel Ricart (Vigo). No segundo caso os suplentes son Violeta de Santiago (Tomiño) e Iago Alberto Carril (Vilagarcía). Finalmente, as persoas suplentes da terceira candidata, son Xoel Souto (Moraña) e Ainhoa Fervenza (Sanxenxo).

“Candidaturas renovadas”

David Regades, afirmou que trátase dunhas candidaturas renovadas, pero marcadas tamén pola experiencia de persoas que xa acreditaron un traballo parlamentario durante esta lexislatura en favor da provincia. Destacou tamén “o peso político, con mulleres e homes que son referentes institucionais”, das candidaturas do PSdeG-PSOE.

Efectivamente, non repiten ningún dos tres deputados e deputadas do partido: Olga Alonso; Guillermo Meijón e Ángeles Marra. Sí irán na candidatura ao Congreso os dous senadores socialistas por Pontevedra, Margarita Adrio e Modesto Pose.

Ademaís subliñou a fortaleza da democracia interna do Partido Socialista, que é o primeiro en designar aos seus candidatos e candidatas a partir das propostas realizadas nos últimos días polas asembleas locais. Por último, salientou, tamén, que se trata dunhas candidaturas igualitarias e moi representativas de todo o territorio da provincia.

También te puede interesar