Cultura Vigo al minuto

Ecoloxistas en Acción pide ordenanzas para protexer a avións, andoriñas e cirrios

Son esenciais no control de pragas que afectan a cultivos e á nosa saúde

Ecoloxistas en Acción pide ordenanzas para protexer a avións, andoriñas e cirrios

Ecoloxistas en Acción celebra o «Día Internacional do Cirrio» arrincando de maneira oficial a tempada 2023 da campaña «As Tres Mosquiteiras». A mesma ten por obxecto concienciar á sociedade civil sobre a necesidade dun maior esforzo colectivo pola conservación das aves migratorias urbanas. Así focalizánse nas tres especies de insectívoras con maior presencia nas nosas cidades e pobos: o cirrio común (Apus apus), a andoriña común (Hirundo rustica) e o avión común (Delichon urbicum). 

Esenciales no control de pragas

Estas especies chegan cada primavera ao territorio español para reproducirse e nidificar. Son insectívoras, o que fai destas especies axentes fundamentais para o control de pragas, que afectan tanto a cultivos como á nosa saúde. Ademais as tres especies están incluídas na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. A Lei estatal 42/2007,de Patrimonio Natural protexe de forma efectiva a estas aves, as súas crías e ovos.

Asi mesmo, o Artigo 334 do Código penal establece penas de prisión de seis meses a dous anos ou multa de oito a vintecatro meses a quen realice actividades que impidan ou dificulten a súa reprodución ou migración. 

Están a desaparecer

Con todo, as poboacións seguen descendendo. Estímase que desde 1998 houbo un declive do 40% de poboacións de cirrio común na zona mediterránea. No caso da andoriña común trátase de máis do 50%. A última actualización do Libro Vermello das Aves de España sitúa a ambas as especies en categoría «vulnerable».

En áreas urbanas e centros históricos é habitual ver como se destrúen colonias enteiras debido a obras de construción e rehabilitación de edificios ou infraestruturas ou restauración de fachadas por non respectar os espazos e época de cría. Tamén é habitual que o deseño final destas actuacións non se adapte para que poidan volver situarse as colonias destruídas.

Por este motivo, a campaña «As Tres Mosquiteiras» de Ecoloxistas en Acción elaborou un modelo de Ordenanza Municipal para a Protección de Espazos de Nidificación e Refuxio de Fauna Silvestre Urbana que axude aos concellos para garantir o cumprimento da lei.

Medidas

  •  Seguimento e rexistro de colonias existentes nunha base de datos que se revise periodicamente.
  •  Conservación de beirados, saíntes e oquedades en obras de rehabilitación e restauración de fachadas e cubertas.
  • Incorporación aos deseños de obra nova de elementos que favorezan a nidificación.
  •  Evitar a realización de obras en fachadas e estruturas durante a época reprodutora (marzo/agosto).

A campaña «As Tres Mosquiteiras» leva en activo tres anos. Durante o 2023 centrará os seus esforzos en promover a adopción de ordenanzas municipais a partir do modelo elaborado mediante campañas locais de concienciación cara á cidadanía e negociación coas autoridades. Continuará o seu labor divulgativo a través de actos educativos, roteiros ornitolóxicos, censado de colonias, talleres de construción de niños e denuncia das malas prácticas. Para facilitar isto último, pon ao dispor da cidadanía un modelo de denuncia para ser presentado ás autoridades locais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.