Cultura Vigo al minuto

Comeza a venda dos abonos para a Tempada de Teatro Afundación en Vigo

Dende este mércores, día 7

Comeza a venda dos abonos para a Tempada de Teatro Afundación en Vigo

Dende este mércores, día 7

Afundación, a Obra Social de ABANCA, inicia a venda dos abonos para a súa Tempada de Teatro, de outubro a decembro de 2023 na que participarán algúns dos intérpretes máis relevantes da escena española como, por exemplo, Lola Herrera.

Así, os abonos, que teñen un 20% de desconto con respecto ao prezo das entradas soltas, estarán á venda dende este mércores, día 7 de xuño ao 10 de setembro na web Ataquilla.com. Pola súa banda, as entradas soltas estarán dispoñibles a partir do 11 de setembro na web Ataquilla.com e na Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26).

Obras da tempada de teatro

Inaugurará a tempada, o xoves 19 de outubro, a peza ‘Equus’, de Peter Shaffer, baixo a dirección de Carolina África e coa interpretación de Roberto Álvarez, Álex Villazán, Jorge Mauyor, Mamen Camacho e Claudia Galán. Esta destacada produción da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart
recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional debe trata a un mozo que cometeu un acto brutal: sacarlle os ollos cun punzón a seis cabalos que coidaba.

A continuación, será a quenda de ‘Miles gloriosus’, de Plauto, o mércores 25 de outubro, cunha versión de Antonio Prieto, dirixida por Pep Anton Gómez e interpretada por Carlos Sobera, Ángel Pardo, Elisa Mantilla, Silvia Vacas, Juanjo Cucalón, David Tortosa, Antonio Prieto e Arianna Aragón.



‘Un Oscar para Óscar’ será a terceira produción en saír a escena. Será o martes 21 de novembro, baixo a dirección de Mario Hernández e cun elenco conformado por Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala e Mara Guil.

O mércores 29 de novembro sairá a escena ‘El librero de Azaña’, de Miguel Murillo, dirixida por Francisco Suárez e coa interpretación de Jacobo Dicenta, Ana Fernández, Juanma Navas, Alberto Luceiro e Isabel Moreno. De ser a encarnación da liberdade e da República para figurar durante moitos anos como o monstro máis infame, Manuel
Azaña foi un mito e símbolo español que, por certo, tamén chegou tarde á súa cita co tempo que lle tocou vivir.

Finalmente, clausurará a tempada ‘Adictos’, protagonizada por Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich, o mércores 6 de decembro. Esta obra xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todas as persoas: ata que punto a tecnoloxía nos somete? Somos libres? Que tipo de sociedade construímos? Que nos
trae o futuro? Merecemos chamarnos «seres humanos»? Todas estas producións teatrais representaranse no Teatro García Barbón a partir das 20.30 h.

También te puede interesar