Comarcas Vigo al minuto

As vacacións de verán agravan a situación do Centro de Saúde de Ponteareas

O Concello alerta de que 8.000 persoas non teñen médico asignado

As vacacións de verán agravan a situación do Centro de Saúde de Ponteareas

O Concello alerta de que 8.000 persoas non teñen médico asignado

O Concello alerta de que o centro de saúde de Ponteareas atópase sumido nunha “situación crítica”. A mesma, apuntan dende o consistorio, débese á falta de persoal médico, unha situación xa delicada que verase agravada coa chegada das quendas de vacacións. Así, aseguran que a Consellería de Sanidade non cubrirá as prazas vacantes.

Só hai 6 médicos dos 15 que tería que haber no centro

Dende o Goberno local advirten de que dos 15 médicos ou médicas que debería haber no centro de saúde por número de tarxetas sanitarias, na actualidade están en activo 6. Os outros 4, apuntan, están de baixa médica e por maternidade. Ademáis, aquela cifra “se reducirá coas vacacións estivais” deixando en “evidencia un claro déficit de recursos humanos nunha área de vital importancia”, explica a alcaldesa en funcións, Cristina Fernández.

Suprimida a quenda de tarde

Neste sentido, Fernández lembra que no verán de 2021 suprimiuse a quenda de tarde e na actualidade máis de 8.000 persoas non contan con médico ou médica asignada. Isto supón que cada vez que precisan asistencia sanitaria son incluídas en cupos de diferentes profesionais. A consecuencia é que esta circunstancia non permite realizar un seguimento axeitado das e dos doentes. “Esta situación pon en perigo a saúde e a vida dos nosos veciños e veciñas, xa que non se fai a prevención necesaria nin o correcto seguimento das enfermidades crónicas”, afirma a alcaldesa en funcións.

Non hai persoal para Ponteareas

Así, a ainda rexedora comenta que, a pesar das ofertas anuais de prazas para residentes (MIR) ou traslados, non hai persoal que escolla as prazas vacantes en Ponteareas. Isto débese a que “é o centro de saúde peor organizado e máis caótico de toda a Área Sur”. Esta situación “agrávase coa rotación constante dos traballadores e traballadoras, tamén do persoal administrativo”.

PAC

Por outro lado, o Punto de Atención Continuada (PAC) funciona só 15.00 a 08.00 horas do día seguinte e de 08.00 a 15.00 horas está atendido por algún médico ou médica do centro de saúde, algo que cada vez é máis complicado realizar cos efectivos actuais cos que se conta.

También te puede interesar