Comarcas Vigo al minuto

Nigrán adxudica os quioscos de praia entre 7.120€ e 34.125€

Empezarán a funcionar esta fin de semana

Nigrán adxudica os quioscos de praia entre 7.120€ e 34.125€

Empezarán a funcionar esta fin de semana

Concello de Nigrán ven de adxudicar os 8 quioscos de praia do municipio por un importe total de 160.480 €. En concreto, os prezos de licitación oscilaron entre os 34.125 € de Praia América (cifra récord) aos 7.120 € do posto de churros de Lourido. Así, a maioría deles comenzarán a funcionar desde esta mesma fin de semana e, como máximo, ata o 30 de setembro.

Os prezos mínimos de licitación mantivéronse iguais que no ano 2021, obtendo o Concello unha mellora nas ofertas de 48.955 € en total (6.532 € máis que no 2022). En total, o Concello disporá coma nos anos anteriores de 7 quioscos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e 1 de venda de churros en Praia América.

Aínda que o quiosco coa oferta económica máis alta recibida foi o de Praia América con 34.125 € e un prezo mínimo estipulado polo Concello en 24.000 €, a diferenza máis grande prodúxose co posto de Panxón, onde se mellorou en 11.585 € a cifra de saída de 19.000 €. Sen embargo, proporcionalmente, a contía máis alta foi a da Madorra, xa que practicamente quintuplicou a oferta mínima de 2.500 € adxudicándose finalmente en 12.150 €.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.