Destacados Vigo al minuto

Esta fin de semana, Vigo capital do activismo contra a gordofobia e violencia estética

Co festival ‘Y se armó la gorda’

Esta fin de semana, Vigo capital do activismo contra a gordofobia e violencia estética

Festival ‘Y se armó la gorda’

“Y se armó la gorda” encherá Vigo de “autoamor radical” para todos os públicos esta fin de semana, o sábado 3 e o domindo, 4 de xuño. Na cidade estarán as grandes referentes do activismo gordo a nivel estatal, como Mara Jimenez (@croquetamente) ou Magdalena Pinyeiro (@magda_pinyeiro), que conducirán senllos obradoiros.

Ademáis, haberá outros espazos de reflexión e participación, tanto para adultas coma para adolescentes e crianzas, guiados por activistas e profesionais locais feministas, coma Priscila Retamozo, do Comando de Igualdade, Lucía
Coutado, Mariola Ffotoeduca, Lidia Folgar, Andrea Nunes, Mari Fidalgo, Angy de Eduso Antirracista ou Lucía Trigo
, entre outras.

Para todas as idades

Tamén se montará un mercadiño de roupa circular; postos de moda para todas as tallas; un obradoiro de customización de prendas; stands de visibilización de proxectos feministas; micros abertos; pinchadas e concertos da man das artistas – locais Flow do Toxo, Nu.Eva, Saya.-e un espazo de proxeccións dos filmes das produtoras galega Illa
Bufarda, Cizalla Cultural e Cru.

Programación infantil

A programación infantil completarase con obradoiros de cociña consciente, a cargo de Outro Conto e Marta Losada, e unha actividade de circo de man de Atípico.

O festival pretende situar a Vigo no mapa do activismo contra a gordofobia; tecer rede a nivel estatal e local con outras mulleres activistas que son referentes do activismo feminista gordo; construír unha comunidade libre de vergoña corporal e na que se celebre a diferencia e, sobre todo, converterse nun espazo de celebración.

También te puede interesar