Vigo al minuto

Alertan de que a Xunta recortará o servizo de seguridade na Cidade da Xustiza

Prescindindo de tres traballadores

Un vigués jubilado cobrará 10.140€ del 'complemento por maternidad'

Prescindindo de tres traballadores

A CIG vén de denunciar a intención da Xunta de “recortar e precarizar” a vixilancia da Cidade da Xustiza de Vigo e de prescindir de tres traballadores. Por iso, a central sindical presentará alegacións ao prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo de vixilancia.

‘Aproveitando o traslado’

Así, dende a CIG-Servizos explican que o lote número 12 do concurso promovido pola Vicepresidencia 2ª e Consellaría de Presidencia, Xustiza, correspondente á Cidade da Xustiza, contempla un “importante recorte da cobertura“. Nesta liña, lembran que o anterior contrato incluía a seguridade dos edificios de xustiza, rexistro, notificacións, embargos e Xulgado de Familia.

“Aproveitan o traslado para reducir o servizo e precarizalo, xa que por exemplo deixarase de prestar servizo pola noite os 365 días do ano; ademais, o edificio da Cidade da Cultura quedará sen vixilancia polas tardes, xa que unicamente se prestará no aparcadoiro e no rexistro civil da rúa Lalín”, explica Pedro Pérez, da CIG-Servizos. Ao mesmo tempo, durante as fins de semana só haberá servizo de seguridade privada 9 horas os sábados e 5 os domingos.

Non se garante a seguridade das persoas nin do edificio

Por iso, para o responsábel sindical, “esta drástica redución non garante nin a seguridade das persoas nin dun edificio que tanto investimento de cartos públicos supuxo, deixándoo desprotexido ante a posibilidade de que se poidan producir actos vandálicos”.

Ademais supón a perda de postos de traballo, xa que de 10 xornadas laborais pásase a seis, que empregarán a sete traballadores/as (algúns a xornada a tempo parcial), “de xeito que tres persoas quedarán fóra da subrogación”.

En consecuencia, dende a sección sindical da CIG na actual empresa adxudicataria, Clece Seguridad, anuncian que presentarán alegacións ao prego de condicións do concurso reclamando que se amplíe o servizo e que se manteñan todos os postos de traballo.

También te puede interesar