Cultura Vigo al minuto

Vente coa familia a coñecer o Castelo de Soutomaior

Xa podes reservar entradas para ‘O bosque segundo a estación’

Xogo de escapismo e videomapping, no Castelo de Soutomaior, para gozar de “O Noso Nadal”

Xa podes reservar entradas para ‘O bosque segundo a estación’

A Deputación de Pontevedra organiza este sábado, 3 de xuño, unha das 30 actividades que a institución ten previsto realizar este ano no Castelo de Soutomaior: ‘O bosque segundo a estación’, un obradoiro e roteiro familiar para coñecer as súas cores; formas; texturas e as especies que habitan nel, así como as propiedades e os beneficios que teñen as árbores e demais especies vexetais desta contorna natural.

Esta actividade forma parte do programa ‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’, comeza ás 16:30 horas e as entradas xa están dispoñibles na plataforma de venda en liña do sitio web do Castelo, a un prezo único de 8 € (que inclúen a entrada ao Castelo, valorada en 5 €). A actividade conta cun total de 30 prazas.

‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’

É unha programación de actividades que abrangue visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros
para familias con nenas e nenos baseadas nas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia de Pontevedra.

As familias pódense achegar á mitoloxía popular da provincia; xogos tradicionais; oficios artesanais, seres mitolóxicos ou tradicións coma os maios, as herbas de San Xoán, a vendima ou o Samaín. Ofértanse en total 360 prazas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.