Destacados Vigo al minuto

O BNG aposta por ser alternativa en Vigo

Triplicou a súa representación nas pasadas Eleccións

O BNG aposta por ser alternativa en Vigo

Triplicou a súa representación nas pasadas Eleccións

Ser a alternativa. Ese e o obxectivo do Bloque Nacionalista Galego de Vigo, logo do estupendo resultado que obtivo nas Eleccións do pasado domingo. E asi o vén de definir a Comisión Permanente do seu Consello Local quen quere poñerse “desde xa” en marcha para logralo.

O BNG foi a forza que máis subiu na cidade, chegando a ser a segunda en 41 mesas electorais, incrementando o apoio nas parroquias e tamén entre a mocidade. Aliás, subliñan os responsábeis locais, malia as dificultades que supón o sistema D’Hont, “o BNG quedou a menos de 7 votos por mesa de lograr un cuarto asento no salón de Plenos”.

Xabier P. Igrexas fai valoración dos resultados

“A verdadeira oposición”

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía e chamado a ser o portavoz do grupo municipal, fixou que o obxectivo deste mandato ten que ser o de “avanzar moito máis”. “Nos últimos catro anos, cun único concelleiro, fomos quen de nos referenciar como a verdadeira oposición, pero unha oposición construtiva e con propostas. Agora, co empurre das máis de 15.000 persoas que votaron BNG o pasado 28M imos traballar para sermos de novo unha forza determinante e converternos na alternativa das moitas viguesas e vigueses que saben que Vigo merece máis e que queren abrir un tempo novo na maior cidade de Galiza”, afirmou, tendendo a man tamén ás case 7.000 persoas que ficaron sen representación, pola inxusta exclusión do 5%, e aquelas que malia ter unha posición crítica co actual Goberno municipal non acudiron a votar este domingo.

Nese obxectivo, Igrexas chamou anon perder nin un minuto e a traballar desde xa, a pé de rúa, facendo política coa xente e entre a xente, intensificando a nosa iniciativa política e estreitando inda máis o noso contacto e cooperación cos movementos sociais”.

“Na noite electoral dixemos que non nos conformabamos con este resultado, porque o que queremos é sumar a moitas máis viguesas e vigueses que soñan cun Vigo diferente para facermos posíbel a mudanza que precisa a nosa cidade” remachou.

Planificar o novo mandato

A xuntanza da Comisión Permanente serviu para comezar a planificar traballo do vindeiro mandato, tanto no que ten a ver na organización do futuro Grupo municipal como tamén na definición das liñas de actuación. Unha tarefa que será completada polo Consello Local e pola Asemblea de militantes, que se celebrarán nos vindeiros días.

Te podría interesar