Destacados Vigo al minuto

O BNG aposta por ser alternativa en Vigo

Triplicou a súa representación nas pasadas Eleccións

O BNG aposta por ser alternativa en Vigo

Triplicou a súa representación nas pasadas Eleccións

Ser a alternativa. Ese e o obxectivo do Bloque Nacionalista Galego de Vigo, logo do estupendo resultado que obtivo nas Eleccións do pasado domingo. E asi o vén de definir a Comisión Permanente do seu Consello Local quen quere poñerse «desde xa» en marcha para logralo.

O BNG foi a forza que máis subiu na cidade, chegando a ser a segunda en 41 mesas electorais, incrementando o apoio nas parroquias e tamén entre a mocidade. Aliás, subliñan os responsábeis locais, malia as dificultades que supón o sistema D’Hont, «o BNG quedou a menos de 7 votos por mesa de lograr un cuarto asento no salón de Plenos».

Xabier P. Igrexas fai valoración dos resultados

«A verdadeira oposición»

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía e chamado a ser o portavoz do grupo municipal, fixou que o obxectivo deste mandato ten que ser o de “avanzar moito máis”. “Nos últimos catro anos, cun único concelleiro, fomos quen de nos referenciar como a verdadeira oposición, pero unha oposición construtiva e con propostas. Agora, co empurre das máis de 15.000 persoas que votaron BNG o pasado 28M imos traballar para sermos de novo unha forza determinante e converternos na alternativa das moitas viguesas e vigueses que saben que Vigo merece máis e que queren abrir un tempo novo na maior cidade de Galiza”, afirmou, tendendo a man tamén ás case 7.000 persoas que ficaron sen representación, pola inxusta exclusión do 5%, e aquelas que malia ter unha posición crítica co actual Goberno municipal non acudiron a votar este domingo.

Nese obxectivo, Igrexas chamou anon perder nin un minuto e a traballar desde xa, a pé de rúa, facendo política coa xente e entre a xente, intensificando a nosa iniciativa política e estreitando inda máis o noso contacto e cooperación cos movementos sociais”.

“Na noite electoral dixemos que non nos conformabamos con este resultado, porque o que queremos é sumar a moitas máis viguesas e vigueses que soñan cun Vigo diferente para facermos posíbel a mudanza que precisa a nosa cidade” remachou.

Planificar o novo mandato

A xuntanza da Comisión Permanente serviu para comezar a planificar traballo do vindeiro mandato, tanto no que ten a ver na organización do futuro Grupo municipal como tamén na definición das liñas de actuación. Unha tarefa que será completada polo Consello Local e pola Asemblea de militantes, que se celebrarán nos vindeiros días.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.