Galicia Vigo al minuto

Aberta, hasta este martes, a inscrición para as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño

Para pasar o verán

Aberta, hasta este martes, a inscrición para as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño

Para o verán

As familias que queiran desfrutar do verán nas Residencias de tempo libre de Panxón ou de O Carballiño teñen ata o martes da vindeira semana, día 30 deste mes de maio, para presentar as súas solicitudes: o procedemento para a adxudicación das prazas ofertadas pódese consultar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado luns 15 de maio.

Así, cursarase unha única solicitude por unidade familiar, na cal se indicará a orde de preferencia no desfrute das estadías e en que residencia. Estas deberán dirixirse ás Xefaturas Territoriais de Ourense ou Vigo, en función do centro residencial que se elixa. Ademais, as peticións poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta.

Máis de 2.700 prazas

En total, o Goberno galego conta este ano con 2.760 prazas para achegarlles ás familias galegas máis posibilidades nesta campaña estival, distribuídas do seguinte xeito: 1.320 prazas na Residencia de tempo libre do Panxón; e 1.440 na Residencia de tempo libre do Carballiño. Ademais, outra das novidades que hai nesta convocatoria é a ampliación das quendas ata finais de setembro, para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran desfrutar destas residencias.

Prezos e descontos

Ao igual que en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Asi mesmo, a Xunta volveu adiantar publicación da convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de
verán.

En concreto, as familias contarán con servizo de aloxamento e de comedor para desfrutar durante a súa estancia de todas as comodidades, mentres poden aproveitar o tempo de vacacións para fortalecer os lazos familiares e gozar de tempo de ocio e lecer.

Por último, o prezo por persoa e día é de 37 euros en pensión completa, ao que se engaden descontos por nenos (dun 50%) e familias galegas de especial consideración como numerosas ou monoparentais, acolledoras ou vítimas de violencia machista (dun 30%).

También te puede interesar