Vigo al minuto

En marcha a transformación integral da Estrada do Vao

As obras durarán 4 meses

En marcha a transformación integral da Estrada do Vao

As obras durarán 4 meses

A Deputación vén de iniciar este xoves pasado as obras de mellora das interseccións e acondicionamento na contorna da estrada do Vao (EP-2003), en Vigo. As obras suporán a transformación integral desta infraestrutura para adaptala por completo ao modelo de infraestruturas amables, seguras e sostibles. Os traballos adxudicáronse por un importe de 256.000 euros, afectarán o total do trazado da vía, de 1,6 quilómetros de lonxitude, e teñen unha duración prevista de arredor de catro meses.

Mellora da accesibilidade

En concreto, a actuación consistirá na mellora da accesibilidade peonil e a seguridade viaria da estrada. Redistribuirase o espazo para garantir a prioridade peonil; mellorarase o pavimento das beirarrúas e adecuaranse as interseccións con outras vías mediante pavimento táctil. Tamén se tratarán as interseccións con elementos singulares como a fonte e o lavadoiro presentes ao longo do seu trazado. Asi mesmo, as obras tamén inclúen a creación de novas zonas de descanso, que se dotarán de novo mobiliario e a plantación de árbores de sombra como cereixos en flor.

Pasos de peóns

Por último, na estrada do Vao tamén se executarán novos pasos peonís para asegurar a plena continuidade e seguridade na estrada, e mellorarase a accesibilidade aos servizos da zona (Oficina Municipal do Distrito, os comercios, o Colexio Divino Salvador ou o centro de saúde). Do mesmo xeito, renovaranse os rasantes e os pavimentos; executaranse alcorques transitables; pintaranse as columnas de alumeado público; retranquearanse os postes, mellorarase a regulación dos semáforos e renovarase a sinalización para adaptala á nova ordenación da estrada.

También te puede interesar