Cultura Vigo al minuto

Xa podes solicitar unha das 4.000 prazas para os Campamentos de Verán de Vigo

Dende este sábado, día 20, ata o 31 de maio

Xa podes solicitar unha das 4.000 prazas para os Campamentos de Verán de Vigo

Dende este sábado, día 20, ata o 31 de maio

O alcalde vén de informar da apertura do prazo de solicitude dos campamentos infantís de verán que organiza o Concello para rapazas e rapaces de entre 4 e 17 anos. A oferta deste ano acada as 4.000 prazas en diferentes espazos de Vigo co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias. O orzamento supera os 500.000 euros.

Solicitudes

Así, o prazo de inscrición, que abre este sábado, 20 de maio, e poderán prsesentarse as solicitudes ata o vindeiro 31 de maio na web www.campamentos.xuventudevigo.org. A asignación de prazas, tal e como recollen as bases da convocatoria, realizarase por sorteo.

Abel Caballero numerou os distintos emprazamentos e o número de prazas dos campamentos infantís deste verán que seán: Alcabre (250), Berbés (250); Náutico en Bouzas (325); Coia (325); Doutor Fleming (250); Náutico na ETEA (400); Casa da Xuventude (100); Ludo Coia (100); Lavadores (250); Navia (325); Samil (250); Urbano de Travesas (500); Vigosónico (325); VigoZoo (250) e o Albergue en VigoZoo (100).

También te puede interesar