RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Dobre recoñecemento para ‘Tanxugueiras’ nos Premios MIN

«Mellor álbum de música de raíz» e «Mellor álbum en galego» por ‘Diluvio’

Dobre recoñecemento para 'Tanxugueiras' nos Premios MIN

«Mellor álbum de música de raíz» «Mellor álbum en galego» por ‘Diluvio’

A gala do XV Aniversario dos Premios MIN tivo lugar o martes pola noite en Palma de Mallorca, reunindo e premiando aos artistas máis destacados da escena independente do noso país no último ano. Tanxugueiras, nominadas en sete categorías, conseguiron gañar dúas delas: «Mejor álbum de música de raíz» «Mejor álbum en gallego» por «Diluvio», o seu último disco, editado no verán de 2022 por Calaverita Records.

Na gala, presentada por Samantha Hudson, tamén foron premiados Los Estanques e Anni B Sweet (gañadores en cinco categorías) ou Biznaga (en dúas). O resto dos gañadores da noite pódense consultar aquí.

Este dobre recoñecemento para o trío galego chega xusto despois de recoller o mes pasado o premio «Artista Revelación Alternativa 2023» dos Premios Odeón e apenas dúas semanas despois da estrea do seu novo tema «Aire», producido por Lowlight (C. Tangana, Israel B, Yung Beef, Albany e un longo etcétera de músicos da escena urbana) e na que demostran unha vez máis a súa continua exploración de novos retos e posibilidades sonoras.

Da man de PlayPlan, Tanxugueiras continuará durante todo o verán percorrendo o estado coa súa «Xira Midas», que en breve fará as seguintes paradas:

También te puede interesar