Destacados Vigo al minuto

Advirten de que o Concello podería ter incurrido en ‘fraude de lei’ na contratación do concerto de Guns N’ Roses

A mesma estaría “preparada” para “preservar a apariencia de legalidade”

Denuncian que a 'Carta de interese' de Guns N'Roses non ten nada que ver con outras enviadas polo Concello

A mesma estaría “preparada” para “preservar a apariencia de legalidade”

A Asociacioń de Empresas Galegas Musicais (AGEM), formada por máis de corenta empresas da industria musical en Galicia, ́manifestan o seu malestar ante as “fundadas sospeitas de que o Concello de Vigo teria articulado un ‘procedemento preparado’ para garantir a contratación de Guns N’ Roses preservando a aparencia de legalidade a traves do cumprimento dos principios ́de contratacion do sector público”.

Así, sinalan dende AGEM, ditas sospeitas dedúcense da contestación outorgada polo propio Concello á consulta dirixida desde esta asociación onde o consistorio limtouse a xustificar a elección do patrocinio publicitario como “procedemento óptimo e a detallar en como se articula o trámite, sen realizar ningunha apreciación ao apercibimento
que se lle fixo”.

Ante esta resposta, Agem remitiu un segundo comunicado constatando, desde a súa experiencia, a improbabilidade de materializar unha contratación dun artista internacional nos 15 días habilitados polo Concello de Vigo para presentar a oferta -publicacion do prego o dia 25/04/23 con data límite de presentación de propostas o dia 10/05/23)-, a non ser que as negociacions xa estivesen avanzadas previamente, como é o caso do concerto de Guns ‘n Roses, confirmado pola empresa organizadora o 21/02/23″.

O proceso xa estaría iniciado

Igualmente, Agem advertiulle ao Concello de Vigo que resulta imposible organizar un concerto desta indole no prazo dun mes e medio, sendo como se sinala no prego o dia 28 de xuño a data límite de celebración do evento. Só poderia darse tal casuistica se os procesos xa estivesen iniciados, tal e como acontece co concerto de Guns n’ Roses”.

‘Fraude de lei’

Así as cousas, Agem apercibe de que “este contrato podería ser articulado en fraude de lei”, por pretender dotar da seguridade xuridica dun procedemento aberto a unha subvencion directa para un evento concreto mediante unha
actuacion indebida, xerando unha grave distorsión no marco colaborativo publico- privado para este tipo de actuacions.

“Fórmula distorsionada que atenta contra a liberdade de competencia”

Por todo o denunciado anteriormente, AGEM entende que o xeito de proceder do Concello de Vigo pode a xerar serios perxuizos na industria, empregando formulas distorsionadas que atentan contra a liberdade de competencia ponendo en risco a supervivencia de moitas empresas do mercado que invisten recursos humanos e economicos na presentación das súas ofertas con escasas posibilidades de resultaren seleccionadas ao creares unha falsa aparencia de liberdade de acceso á licitación” .

También te puede interesar