Destacados Vigo al minuto

Teremos 26 graos en Vigo para gozar do festivo das ‘Letras Galegas’

Sol durante toda a semana

Teremos 26 graos en Vigo para gozar do festivo das 'Letras Galegas'

Sol durante toda a semana

Con tempo primaveral. Así pasará esta semana. A previsión de MeteoGalicia é que haxa ceos despexados e calor, especialmente o mércores, ‘Día das Letras Galegas’, adicado este 2023 a Francisco Fernández del Riego.

Martes, 16

As altas presións situaranse ao norte intensificándose a circulación de nordés. Agárdase unha xornada de tempo seco, con algunhas nubes medias e altas en xeral e nubes baixas ao norte de Lugo. As temperaturas mínimas en lixeiro descenso mentres que as máximas non terán cambios significativos. Por cidades, Ourense marcará a máxima, 24 graos; 23 terán en Pontevedra; 22 en Vigo, con 13 de mínima; 19 en Ferrol e Santiago e 18 na Coruña e Lugo.

Mércores, 17

Seguiremos na influencia das altas presións centradas ao norte da Península e con circulación do nordés intensa. Agárdase unha xornada de tempo seco e de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas apenas terán cambios mentres que as máximas ascenderán lixeiramente, chegando ata os 27 graos de Ourense; 26 de Vigo, con 15 de mínima; 25 de Pontevedra; 21 de Santiago; 20 de Ferrol e 19 na Coruña e Lugo.

Xoves, 18

Outro día con anticiclón e nordés. Así, os ceos quedarán pouco nubrados en xeral, e as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, deixando 23 graos en Ourense e Vigo, aquí con 8 de mínima; 21 en Pontevedra; 20 en Ferrol; 19 na Coruña e Santiago e 16 en Lugo.

También te puede interesar