Comarcas Vigo al minuto

Marcelino Couto asegura que con el de alcalde mellorarán os servizos municipais das Neves

Reivindica o seu traballo á fronte da Concellería de Obras

Marcelino Couto asegura que con él de alcalde mellorarán os servizos municipais das Neves

Reivindica o seu traballo á fronte da Concellería de Obras

Marcelino Couto, candidato socialista á Alcaldía das Neves, reivindicou o intenso traballo destes últimos catro anos á fronte da Concellería de Obras para augurar que unha nova etapa para o Concello, xa co Partido Socialista á fronte, acelerará o ritmo da mellora dos servizos municipais que se prestan á veciñanza.

Couto presentou a súa candidatura nun acto no que contou coa presencia do secretario xeral provincial e delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, e do eurodeputado socialista Nicolás González Casares.

“Traballamos todos os días, haxa eleccións ou non”

Marcelino Couto subliñou que nestes catro anos “traballamos todos os días, haxa Eleccións ou non, para solucionar problemas e axudar á veciñanza”. “Nunca tanto se fixo en As Neves”, afirmou, antes de recordar que, moitas veces a veciñanza, ten tendencia a atribuír tódalas actuacións á Alcaldía, cando a realidade é que as competencias están repartidas e cada socio de goberno é responsable da súa parte.

O PSOE xa aumentara un 50% os seus votos hai 4 anos

O candidato definiuse como “un fantástico escoitador”, cualidade que considerou como imprescindible para traballar a prol da xente e recordou que o Partido Socialista xa incrementou un 50% o número de votos nas últimas Municipais, nun escenario no que o BNG e o PP descenderon en apoio popular e Ciudadanos desapareceu do taboleiro municipal. Algo debemos de facer ben entón e, despois do traballo destes catro anos, creo que temos motivos para pensar que imos seguir crecendo”. Así, subliñou nos comicios locais de 2019 o PSdeG-PSOE pasou de 2 a 3 concelleiros, mentres tódalas demais forzas baixaron.

Abandonados pola Xunta e co único apoio da Deputación

Explicou que o mandato que remata estivo moi marcado polo impacto da pandemia da Covid19 e polos danos causados polos temporais de decembro e xaneiro pasado, “dúas catástrofes moi distintas, pero que tiveron en común que a Xunta deixounos abandonados e só tivemos o apoio da Deputación”.

Finalmente, amosouse convencido que no mandato que comeza a partir de xuño, As Neves contará cun alcalde socialista que saberá sumar e buscar apoios nas Administracións que goberna o PSOE como son a Deputación, con Carmela Silva; a Zona Franca, con David Regades, e o Goberno de España, que xestiona uns fondos europeos nos que Nicolás González Casares é unha persoa moi experta.

Impacto da PLISAN no crecemento das Neves

David Regades subliñou o impacto que está a ter o despegue da PLISAN en As Neves, ofrecendo oportunidades laborais e de crecemento para o municipio. “A PLISAN é agora un espazo industrial que é unha realidade, pero que hai cinco anos, cando eu cheguei á fronte da Zona Franca, só era un lugar abandonado e invadido polos toxos e os fentos”.

Aludiu tamén aos fondos europeos, que deben servir tamén para reindustrializar As Neves con empresas respectuosas co medio ambiente. Ademais subliñou que todo o que se fixo en As Neves fíxose con fondos da Deputación de Pontevedra, que é a Administración que financiou “as obras grandes e pequenas que melloraron este concello e os servizos que reciben os seus veciños e veciñas”.

También te puede interesar