Comarcas Vigo al minuto

Covelo investirá 114.421€ na mellora de camiños municipais

En Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina

Covelo investirá 114.421€ na mellora de camiños municipais

En Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina

O Concello de Covelo executará obras de limpeza, ensanche e asfaltado, entre outros traballos a realizar, en Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina con cargo ao Plan Concellos 22-23 da Deputación de Pontevedra.

Cun investimento de 114.421,02€, o Concello realizará estas obras no barrio de Os Seixedos e Redondo na parroquia de Barcia de Mera; na rúa Barreiro en A Bugariña na parroquia de Godóns; en Coto Pequeno na parroquia de Piñeiro de Areas e no barrio de Toumilo en Baldomar, parroquia de Santa Marina.

Mellora da circulación

Así, realizarase unha intervención completa que mellorará as actuais condicións de tránsito ao presentar, na actualidade, moitas fochancas; tramos de inexistencia de beiravías e pasos estreitos, entre outros factores que dificultan o acceso.

Para a execución dos traballos procederase á excavación, desmontaxe de peches e muros para o ensanche dalgúns tramos;  limpeza e apertura de cunetas para a mellora da drenaxe; limpeza de caños e arquetas obstruídas; instalación de tubaxes e arquetas novas así como salva beiravias para canalizar as augas; colocación de muros e pavimentación ademais de mellorar a seguridade viaria co pintado de marcas viais e colocación de sinalización onde proceda.

También te puede interesar