Comarcas Vigo al minuto

Este domingo hai mercado ambulante no Porriño

Estará na rúa Leandro Diz

Este domingo hai mercado ambulante no Porriño

Estará na rúa Leandro Diz

O Porriño retoma o mercado ambulante do primeiro domingo de cada mes tras publicarse onte no Boletín Oficial da Provincia (BOPP) a modificación da ordenanza municipal que respalda a súa celebración.

Así, a petición dos ambulantes, súmase unha nova data mensual de celebración do mercadiño que se instalará, como o resto dos días, na rúa Leandro Diz. Cabe destacar, que este domingo 14 de maio instalarase tamén o mercado ambulante.

A feira desenvolverase en horario de tarde de 16 a 20 h e nos meses de xuño a setembro de 16 a 21 h.

También te puede interesar