RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

Será «Tameiga Resiste» o nome da grada renovada de Balaídos?

Na votación aberta polo Celta

Será "Tameiga Resiste" o nome da grada renovada de Balaídos?

Na votación aberta polo Celta

A propósito da votación aberta polo Celta de Vigo para propoñer e escoller unha nova denominación para a remozada grada de «Marcador», xurdíu estes días un movemento espontáneo e popular que propuxo o nome de «Tameiga Resiste» para dita grada. 

Ecoloxistas en Acción asegura que ten constancia de que centos de siareiros celestes e veciñanza da comarca de Vigo están promoviendo e  votando esa denominación na web do clube. Desde a organización ecoloxista animan a ciudadanía a participar e mandar así unha mensaxe sobre a necesidade de preservar a natureza da contorna.

«Como siareiro celtista prefiro que Marcador siga sendo Marcador, pero apoio está iniciativa para amosar que o celtismo non comulga coas ilegalidades e pelotazos urbanísticos en montes comunais.  Os pelotazos no campo de fútbol, non nos montes comunais afirma Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.

A organización ecoloxista insta a Xunta a retirara a calificación de interese autonómico a un proxecto baseado nunha construcción que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegal en sentencia firme.

«A Xunta non pode seguir blanqueando este despropósito urbanístico de construir un edificio de case 3.000 m2 , cando pola cualificación do solo rústico de especial protección, só podían construirse uns pequenos vestiarios e almacéns» recalcan desde Ecoloxistas en Acción.

También te puede interesar