Destacados Vigo al minuto

Os veciños de Teis conseguen os aseos para a ETEA

Están abertos dende a pasada fin de semana

Os veciños de Teis conseguen os aseos para a ETEA

Están abertos dende a pasada fin de semana

Desde a pasada fin de semana, están abertos os aseos públicos da ETEA,  no antigo edificio dos vestiarios, no actual parque público. Así, a construción destes aseos, “é un novo logro da veciñanza de Teis, despois das mobilizacións do pasado verán. Nas mesmas, denunciaron o abandono da antiga Escola de Transmisións da Armada, “tanto por parte do Concello de Vigo como  da Xunta de Galicia“.

No caso da colocación dos aseos públicos, tanto o Concello como a Xunta, “poñían escusas para non realizar esta actuación tan demanda desde había anos”… discutindo sobre de quen era a competencia ou quen se ía encargar do  seu mantemento.

A cafetaría segue pendente

Con todo, e pese a que o pasado 30 de novembro de 2022, a delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, anunciaba varias actuación nos terreos da ETEA, entre elas que o edificio que ocupaba a antiga panadería serviría como cafetaría, (asegurando que xa tiña contratado un estudo de viabilidade)…a realidade é que “a dia de hoxe descoñecemos ese estudo e aínda non hai ningunha data para a  construción desa cafetería”.  

A ETEA segue abandonada

Desde a Asociación, seguen pendentes das actuacións importantes para a recuperación da ETEA. Como exemplos do abandono, citan a urxencia da urbanización do PS-1, “bloqueada polo Concello de Vigo”, ou a construción da anunciada residencia para os nosos maiores, prometida hai 6 anos pola Xunta. Despois da saída dos militares no ano 2002, “segue abandonada pola falta de vontade política do Concello e da Xunta”.

También te puede interesar