Galicia Vigo al minuto

O Parlamento de Galicia rexeita a Iniciativa Popular para a mellora da Sanidade Pública

Cos votos do Partido Popular

O Parlamento de Galicia rexeita a Iniciativa Popular para a mellora da Sanidade Pública

Cos votos do Partido Popular

O voto en contra dos deputadas e deputados do Partido Popular, que ten a maioría absoluta, acabou co percorrido da Iiniciativa lexislativa popular (ILP) impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, para a mellora da atención sanitaria, e que estaba secundada por máis de 50.000 sinaturas cidadás.

Vanesa Viquendi, presidenta da plataforma Pediatras e Matronas Xa!, que foi a encargada de ler a proposta, subliñou que “a sanidade pública galega está peor que antes e iso non hai ‘Photoshop’ que o corrixa”. Así, argumentou as propostas da Plataforma, entre elas, fixar un máximo de 48 horas de espera para consultas en centros de saúde; aumentar as ofertas públicas de emprego para persoal sanitario e incrementar o gasto en Atención Primaria até o 25% do orzamento total do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

También te puede interesar