Galicia Vigo al minuto

A alcaldesa de Mos presenta a remodelación de Costoias

Para a mellora do local social e da contorna da Asociación San Martín, de Tameiga

A alcaldesa de Mos presenta a remodelación de Costoias

Para a mellora do local social e da contorna da Asociación San Martín, de Tameiga

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentou esta mañá o proxecto de remodelación do local social e contorna da Asociación Cultural San Martín de Tameiga, en Costoias, xunto coa súa número 3 da candidatura do PP nas Eleccións Municipais, veciña de Tameiga e deputada autonómica no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez.

Arévalo e Rodríguez informaron de que o proxecto de mellora da contorna de Costoias ten un orzamento aproximado de 500.000€. Aquí conviven a asociación cultural e un espazo deportivo e natural no que semanalmente se reúnen centos de veciños. Trátase dunha zona protexida onde se sitúa o Petroglifo de Santa Filomena e xorde un dos múltiples afluentes do río Miño.

Segundo declararon Nidia Arévalo e Feli Rodríguez, o obxectivo desta mellora “é seguir poñendo en valor este lugar incrementando as súas posibilidades a través da realización dunha nova zona construída de instalacións complementarias ás existentes”.

As devanditas instalacións serán zonas de apoio aos usos deportivos; un espazo de realización de actividades deportivas cubertas ou aulas de interpretación da natureza. Así, “trátase dun proxecto integrado coa contorna que respecte e mellore o lugar”, sinalou a alcaldesa. Nesta liña, Arévalo, engadiu que pretende xerar tres volumes vinculados entre sí onde se sitúen novos equipamentos para completar o espazo verde e deportivo. Ademáis, o edificio existente pasará a formar parte do conxunto construído.

También te puede interesar