Cultura Destacados

Este martes volve a abrir Vigosónico, pechado dende febreiro

O horario será de 16:30 a 21:00h.

Este martes volve a abrir Vigosónico, pechado dende febreiro

O horario será de 16:30 a 21:00h.

O venres pasado o Goberno municipal asinou o contrato que permitirá a reapertura de Vigosónico, un “espazo dedicado a fomentar a creatividade e o desenvolvemento de habilidades artísticas entre a mocidade de Vigo”. Este martes abrirá de novo as súas portas esta instalación municipal con obradoiros e cursos que abordarán temas desde a introdución dos dereitos de autor e propiedade intelectual, ata a organización de festivais, produción de música en casa e iniciación ao DJ.

Ademais, sinalou o alcalde, organizaranse sesións de mentorización para que a mocidade poidan afondar no aprendido e aplicalo aos seus proxector artísticos. Todas as actividades estarán anunciadas na web xuventudedevigo.org e o horario de apertura é de 16,30 a 21,00h.

También te puede interesar