Cultura Vigo al minuto

Adiado a principio de xuño o festival ‘Vibra Gaifar’, previsto para esta fin de semana

O Concello de Nigrán tomou a decisión ante a previsión de choiva

Adiado a principio de xuño o festival 'Vibra Gaifar', previsto para esta fin de semana

O Concello de Nigrán tomou a decisión ante a previsión de choiva

Ante o pronóstico de choiva, o Concello de Nigrán, vén de adiar para o 9, 10 e 11 de xuño o festival de música ‘Vibra Gaifar’ que estaba previsto esta fin de semana.

Como informara vigoalminuto, entre os grupos que estaban confirmados e que se lles ofrecerá esta nova cita están Three Roosters; Moon Cresta; La Patrulla; Groovin Folks, Indiana; Cubo Metálico; The Mirror; San Rockers e Blue Monk.

O obxectivo deste evento é ofrecer aos grupos locais e emerxentes unha oportunidade de amosar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles e co seu público máis comprometido…os propios veciños e veciñas de Nigrán

También te puede interesar