Galicia Vigo al minuto

12.500 aspirantes examinaranse en xullo para 119 prazas de persoal subalterno

É o proceso selectivo da Xunta ao que concorren máis persoas

12.500 aspirantes examinaranse en xullo para 119 prazas de persoal subalterno

É o proceso selectivo da Xunta ao que concorren máis persoas

Preto de 12.500 aspirantes participarán o vindeiro mes de xullo nas oposicións para acceder a 119 prazas da agrupación profesional (AP) da Administración Autonómica. De todos os procesos selectivos da Xunta, este é ao que concorre un maior número de aspirantes.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición. As mesmas
poden consultarse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica.

A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura tamén como anexo da
resolución que se publica no DOG.

También te puede interesar