Destacados Vigo al minuto

Novo aparcadoiro provisional en Teis, con 38 prazas

Dentro da humanización da Avenida de Galicia

Novo aparcadoiro provisional el Teis, con 38 prazas

Dentro da humanización da Avenida de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de habilitar, de xeito provisional, un novo aparcadoiro en Teis, no marco das obras da 1ª fase de humanización da Avenida de Galicia.

Así, a intervención comezou coa execución deste aparcadoiro co fin de dispoñer o antes posible desta infraestrutura. Deste xeito, habilítanse 35 prazas, 5 máis da inicialmente previstas, máis outras 3 para persoas con mobilidade reducida.

Os accesos ao aparcadoiro, nunha parcela contigua ao IES de Teis, tamén son provisionais, polo que soamente se pintarán en amarelo nesta 1ª fase as prazas de turismos. Hai que lembrar que este aparcadoiro forma parte dunha intervención máis ampla, de adecuación da PO-323 entre o cruce coa avenida Mariña Española e o IES de Teis.

A intervención comprende a mellora e ampliación das beirarrúas en ambas as marxes do treito de actuación, de modo que sexan máis continuas e accesibles, así como a execucióndunha glorieta na intersección entre a avenida de Galicia (PO-323) e a avenida da Mariña Española, pola que se accede á ETEA.

Ademais, como informara vigoalminuto, as intervencións inclúen a recolocación das marquesiñas, a instalación dunha varanda modular e a reposición do muro de peche existente, co fin de mellorar visualmente a integración da actuación na zona do Camiño Portugués.

También te puede interesar