Galicia Sucesos

Covelo denuncia o roubo da ‘lona’ de promoción turística da estrada a Paraños

As persoas que teñan pistas firmes poderán aportalas no posto da Garda Civil

Covelo denuncia o roubo da 'lona' de promoción turística da estrada a Paraños

As persoas que teñan pistas firmes poderán aportalas no posto da Garda Civil

O alcalde de Covelo vén de denunciar ante a Garda Civil o roubo da lona de promoción turística ubicada na estrada Covelo-Paraños á altura do cruce con As Medelas.

Esta lona publicitaria, instalada nas últimas semanas, tiña unhas dimensións de 8 metros de longo e 3 de ancho e o seu valor ascende a 900€. A súa colocación tiña como obxectivo promocionar o patrimonio cultural de Covelo cunha fotografía dos pasos de Lourido.

Así, o alcalde solicita a colaboración cidadá e agradece que as persoas que teñan algunha pista firme lla poidan facilitar á Garda Civil. “Afortunadamente -sinala Pablo Castillo- son feitos illados pero non esquezamos que se trata dun soporte pagado con fondos públicos, cos cartos de todas e todos. Ferramentas que promoven o coñecemento da nosa vila e as nosas riquezas, que reciben ao visitante coa intención de que pase un bo día e quede con ganas de voltar, prexudicar o mobiliario público é prexudicar o día a día das veciñas e veciños de Covelo”.

Dende o Concello adiantan que procederán a unha nova colocación e agardan que as persoas responsables desta substracción tomen conciencia do dano que provocan.

También te puede interesar