Galicia Sucesos

Detido por conducir bébedo, sen ITV, sen seguro e sen carné vixente

Tamén provocou unha pelexa

Detido en Tui por conducir bébedo, sen ITV, sen seguro e sen carné vixente

Tamén provocou unha pelexa

A Policía Local de Tui detivo esta pasada fin de semana a un individuo de 45 anos tras a comisión dun presunto delito de desobediencia grave aos axentes da autoridade; delito contra a seguridade viaria e delito de danos

Así, informan dende o Concello, todo comezou sobre as 17:15 do pasado venres: varios cidadáns alertaron telefónicamente de que, presuntamente, este individuo conducía un furgón Mercedes no aparcamento na parte traseira do edificio Francisco Sánchez. “O vehículo circulaba a gran velocidade, batendo contra varios vehículos estacionados, e o seu conductor parecía estar en aparente estado de embriaguez

Bébedo, sen carné en vigor, seguro e ITV

A patrulla desprazouse até o lugar, dando alto ao vehículo e procedendo a identificar do conductor. Así mesmo, os policías comprobaron na base de datos de Tráfico de que carecía de permiso de conducir ao perder o total de puntos. Ademáis, circulaba sen seguro e sen ITV.

Por último, ao presentar síntomas de ter inxerido bebidas alcohólicas, procedeuse a sometelo á proba de alcoholemia, arroxando resultado positivo superior a 0,25 mg/l en aire espirado. Por todo isto, tramitáronse as correspondentes denuncias en vía administrativa por cada unha das infraccións. 

Reincidente

Posteriormente, ese mesmo día pola tarde, a Policía Local recibiu máis chamada sobre a mesma persoa: estaba tentando levarse o vehículo inmobilizado pola forza, “ameazando a usuarios do mesmo aparcamento e resultando implicado nunha pelexa”. Por este motivo, os axentes procederon á súa detención e posterior traslado e custodia pola Garda Civil. Por todo elo, pasou a disposición xudicial ao día seguinte.

También te puede interesar