Galicia Sucesos

58 feridos nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

Pontevedra foi a provincia que máis sinistros rexistrou: 26

58 feridos nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

Pontevedra foi a provincia que máis sinistros rexistrou: 26

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 58 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres 21 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 23 de abril.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 55. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 8 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico, asistiron en 45 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en 2 accidentes.

En 46 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar