Galicia Vigo al minuto

2.000 persoas rodean a Xunta e rexeitan máis de 75 «proxectos macroeólicos especulativos»

Alertan de danos «irreversíbeis»

2.000 persoas rodean a Xunta e rexeitan máis de 75 "proxectos macroeólicos especulativos"

Alertan de danos «irreversíbeis»

Este domingo, a Coordinadora Eólica Así Non volveu mobilizar ao pobo galego en contra da actual «depredación macroeólica especulativa» que, desta volta, conseguiu rodear cunha cadea humana multitudinaria todo o perímetro das depedencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela.

Máis de 2.000 persoas

A pesar da chuvia, máis de 2000 persoas acudiron á mobilizacón de “Eólica Así Non” para esixirlle á Xunta o rexeitamento de máis de 75 proxectos eólicos que xa contan coa declaración de impacto ambiental favorable da Consellaría de Medio Ambiente, e que nos vindeiros dous días poderían acadar a autorización previa administrativa do goberno galego.

O vindeiro 25 de abril é a data límite establecida polo Real Decreto-Lei 23/2020 para que 77 parques eólicos tramitados na Xunta obteñan autorización administrativa e manteñan vixente o permiso de conexión á rede. Ao mesmo tempo, os milleiros de manifestantes congregados arredor do edificio administrativo da Xunta instaron ao Executivo galego a paralizar outros máis de 150 proxectos eólicos que, malia á suposta moratoria eólica de Feijóo, manteñen en curso a súa tramitación, coa pretensión de seren autorizados.

Danos irreversíbeis ambientais, patrimoniais, sociais e económicos

Desde a Coordinadora Eóilca Así Non advírtese dos danos irreversíbeis ambientais, patrimoniais, sociais e económicos que «esta vaga eólica» carrexará para o país se os gobernos galego e estatal «non frean tal despropósito e non planifican adecuadamente a implantación de renovábeis».

Lembra que todas as máis de 200 entidades e colectivos que conforman a Coordinadora apoian as enerxías renovábeis para acadar unha transición ecolóxica e socialmente xusta, pero non a calquera prezo. O

s máis de 75 macroproxectos eólicos que a Xunta está a punto de autorizar, sen unha adecuada avaliación ambiental e «por vías exprés e antidemocráticas», poñen en risco a preservación dos espazos naturais de maior valor ambiental do país e a conectividade ecolóxica, a disposición de recursos básicos para a vida como a auga.

Ademáis, destrúen biodiversidade e moitos dos ecosistemas que son imprescindíbeis para afrontar o reto climático; eliminan terras de cultivo de alimentos; destrúen a paisaxe e patrimonio histórico e cultural; prexudican formas de vida tradicionais e sustentábeis; expulsan as persoas do rural; poderían afectar de forma singular á saúde das poboacións máis próximas aos aeroxeradores, alén da depreciación de valor que sufrirán todos os bens e inmobles situados dentro das poligonais eólicas.

Consecuencias dramáticas

“As consecuencias serían dramáticas. A autorización destes proxectos sería unha auténtica catástrofe ambiental e social sen precedentes, na que en especial o medio ambiente e o rural galegos ficarían dilapidados para sempre e en mans de multinacionais destrutoras do territorio. Os galegos e galegas non podemos nin debemos tolerar este asalto ao país, e así llo facemos saber aos que nos gobernan”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.