Galicia Vigo al minuto

Este martes abre o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán da Xunta

Consulta aquí como inscribirte

Dende o venres, podes descargar o 'Bono Turístico'

Consulta aquí como inscribirte

A Xunta ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Máis de 11.000 prazas

Baixo o lema O verán que sempre vas lembrar, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

Serán, en total, 11.238 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.

Co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

Prazo de inscrición

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio. Así a forma de presentación das solicitudes será, obrigatoriamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.

Máis información

También te puede interesar