Deportes Vigo al minuto

O Concello de Vigo oferta 25 prazas no curso de capacitación de socorrista

A preinscrición pode facerse dende este xoves, día 13

O Concello de Vigo oferta 25 prazas no curso de capacitación de socorrista

A preinscrición pode facerse dende este xoves, día 13

O Concello de Vigo pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, o curso gratuíto de capacitación para exercer de socorrista, que ten un máximo de 25 prazas.

Prioridade empadroados en Vigo

Así, o requisito principal para poder acceder á formación é posuír a licenciatura ou o grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou o Ciclo de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas. O Concello dará prioridade ás persoas empadroadas en Vigo, coa posibilidade de inscribirse desde outros municipios en caso de quedaren prazas vacantes.

Preinscrición no teléfono 010

As persoas que participen no curso realizarán 190 horas certificadas de formación, das que 120 son horas de natación e 70 de docencia presencial. A preinscrición poderá facerse no teléfono 010, do xoves 13 ao martes 18 de abril e o alumnado que complete o curso poderá formar parte do servizo municipal de socorrismo e salvamento e inscribirse no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.