Cultura Vigo al minuto

Este sábado, día 15 volve #OVigoMenosCoñecido

Paseo con Borja Concheiro e Guido Guía

Este sábado, día 15 volve #OVigoMenosCoñecido

Paseo con Borja Concheiro e Guido Guía

Despois do éxito do pasado outono, o vindeiro sábado 15 de abril volve #OVigoMenosCoñecido coa súa segunda edición. Borja Concheiro e Guido Guía volverán a guiar un percorrido polas partes menos coñecidas da cidade de Vigo, dando a coñecer patrimonios ocultos ou pouco visitados polos turistas…e tamén polos propios vigueses.

Para inscribirse basta con escribir a [email protected], o prezo é de 10 € por persoa cun desconto do 30% para menores de 18 anos e gratuidade para menores de 4. Hai posibilidade de bonos de 5 e 10 paseos.

Dende 2019

Este proxecto naceu na cidade de Lugo no ano 2019, con 30 capítulos diferentes de paseos. Despois de estenderse pola provincia de Lugo, o outono pasado abriuse ao resto de Galicia, comezando por Ferrol; seguindo en Lugo; continuando na Coruña e chagando a Vigo.

Podes consultar toda a información, reservas, precios e propostas do guía Guido na súa páxina web ou nos seus perfís de FacebookTwitter ou Instagram.

También te puede interesar