Comarcas Vigo al minuto

Esta fin de semana “Porriño Fashion Weekend”, coas últimas tendencias de moda

Ademáis de desfiles, complementos, moda e a música da orquestra Panorama

Esta fin de semana “Porriño Fashion Weekend”, coas últimas tendencias de moda

Ademáis de desfiles, complementos, moda e a música da orquestra Panorama

Desfiles, música e moito máis é o que ofrecerá a primeira edición da “Porriño Fashion Weekend” que se desenvolverá dende o venres, día 14, ata o domingo, 16 de abril.

Venres, 14

Este evento, que convertirá a vila nunha gran pasarela de tendencias, arrancará o venres 14 coa Shopping Night, unha noite de comercio aberto na que os establecementos da vila abrirán tamén dende as 21:00h e ata as 24:00h. Unha noite de compras na que haberá tamén Djs, coctelería, sorteos e moitas propostas da man de comerciantes e hostaleiros.

O broche de ouro a esta primeira xornada será musical da man da orquestra Panoramaque actuará a partir das 00:00 h na rúa Antonio Palacios (á altura do parque Ordóñez) e a continuación DJ DGrace. Reservarase unha zona para persoas con mobilidade reducida.

Sábado e domingo

A programación continúa o sábado 15 coa Fashion Night. Así, a partir das 19:00h. a rúa peonil transformarase nunha gran pasarela que mostrará as últimas tendencias en moda, peiteados e florería da man do comercio local. Zapatería, moda,  roupa infantil e deportiva, complementos, peiteados, maquillaxe, vestidos de noiva e arreglos florais compoñen as propostas que lanzan os establecementos participantes.

A xornalista porriñesa, Raquel Atanes, será a encargada de presentar o desfile, que rematará coa música en directo de Manu Pereyra (en colaboración con Origen Café). A música tamén clausurará a xornada coa sesión dj na praza da man de DJ Raper & Traffic House.

O domingo 16 desenvolverase o Fashion Market, un gran mercado que se instalará na rúa Leandro Diz a partir das 16:00h.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.