Destacados Vigo al minuto

Denuncian que o Concello deu instrucións para obrigar a exhibir os animais de VigoZoo

“En contra do criterio científico do persoal coidador”

Denuncian que o Concello deu instrucións para obrigar a exhibir os animais de VigoZoo

“En contra do criterio científico do persoal coidador”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Concello deu instrucións para obrigar a exhibir os animais de VigoZoo. Así, dende o BNG revelan que o Goberno municipal deu indicacións en abril de 2021 para que o persoal coidador pechara as portas de acceso aos cubís interiores —en diferentes recintos das seccións de félidos, bóvidos e aves— forzando así aos animais a estar no exterior, co fin de favorecer a observación por parte do público.

“Meras atraccións de feira”

Esta instrucción, subliña o concelleiro do Bloque “se impuxo contra o criterio técnico e científico de parte do persoal coidador “. “Isto demostra, –insiste Xabier P. Igrexas- como o Goberno municipal de Abel Caballero insiste nun modelo exhibicionista para VigoZoo que trata os animais baixo custodia municipal como meras atraccións de feira”.

Esixen aclaracións

Por iso, adiantou o tamén candidato á Alcaldía de Vigo, van dirixir este mesmo luns un escrito á concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, para que aclare se está instrución segue vixente. Ademais, o edil do Bloque reclamou de novo acceso completo á documentación e aos informes do Concello relacionada coa morte de 13 animais nos últimos tres anos en VigoZoo.

Modelo “cárcere-circo”

Igrexas reiterou que a aposta do BNG para facer de Vigo un referente no benestar animal é “incompatíbel con seguir insistindo no actual modelo de cárcere-circo” do Goberno municipal. Nese sentido, defendeu a necesidade dun “xiro de 180 graos” para avanzar cara a estratexia ZooXXI. A mesma, engadiu, pasa por transformar este espazo nun gran centro de conservación de fauna e de sensibilización ambiental.

También te puede interesar