Galicia Sucesos

105 feridos en accidentes de tráfico nas estradas de Galicia na ponte de Semana Santa

A provincia de Pontevedra, á cabeza do número de sinistros

105 feridos en accidentes de tráfico nas estradas de Galicia na ponte de Semana Santa

A provincia de Pontevedra, á cabeza do número de sinistros

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa 105 persoas debido a 75 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15:00 horas do mércores, 5 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 9 de abril.

A Central de Coordinación do 061,recibiu nestes días 90 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Así os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 107.

Deles, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 8; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 84 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 14 accidentes.

En 96 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente

También te puede interesar