Comarcas Vigo al minuto

A Deputación abre a inscrición para ‘Depotermal’

Con 3.500 prazas

Con 3.500 prazas

A Deputación de Pontevedra abre o vindeiro luns 10 de abril o prazo para solicitar praza para o programa de termalismo “Depotermal”. O mesmo, que conta cun orzamento próximo aos 185.000 euros, oferta este ano 3.500 prazas. Así o obxectivo é que a veciñanza da provincia poida acceder a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en balnearios, talasos ou spas.

As solicitudes poderán presentarse de maneira presencial ou a través de Sede electrónica da Deputación ata o vindeiro 8 de maio.

Persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 1973

O programa está destinado a persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 1973; pensionistas; persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou persoas que teñan acreditado un respiro familiar. As e os solicitantes tamén teñen que estar empadroadas na provincia de Pontevedra ou non padecer enfermidades ou patoloxías incompatibles coa actividade a realizar, entre outras.

2.500 prazas con pensión completa

Do total das 3.500 prazas, 1.000 son para a opción de asistencia diúrna a balnearios, talasos ou spas durante cinco mañás ou tardes consecutivas (delas 122 serán prazas reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social). As restantes 2.500 prazas serán con pernoita e pensión completa de domingo a venres. Delas 122 serán tamén reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social.

Asistencia diurna

Na modalidade de asistencia diúrna o programa inclúe ao Balneario de Mondariz, Termas de Cuntis, Hotel Bienestar Moaña, Hotel Spa Galatea e Hotel Exe Vía Argentum. En todos eles as persoas beneficiarias poderán gozar de dous tratamentos complementarios. Os mesmos serán diferentes en cada establecemento, ao longo da duración do programa: de tratamentos dixestivos ata sauna, baño de hidromasaxe, piscina terapéutica e termolúdica, chorro a presión ou flotarium.

Pernoita

Pola súa banda, no caso da modalidade de pernoita en réxime de pensión completa, os establecementos ofertados son o Gran Talaso Hotel de Sanxenxo, Hotel Carlos I Silgar, Hotel Spa Norat Torre do Deza, Hotel Spa Galatea e o Hotel Novo Astur & Spa.

Neles os tratamentos abranguen dende chorros a presión, ata jacuzzi privados, saunas, barros quentes, sesións de activación muscular, ducha circular, aplicación de parafangos, masaxes, presoterapia e programas especiais de saúde e beleza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.