Deportes Vigo al minuto

Mos, epicentro internacional do CrossTraining

Con 300 atletas en competición durante a Semana Santa

Mos, epicentro internacional do CrossTraining

Con 300 atletas en competición durante a Semana Santa

Este mércores presentouse no Campo de Fútbol de Santiaguiño en Guizán a I Edición Molis Legend, competición internacional de CrossTraining, organizada polo ximnasio mosense Molis Box. A mesma conta coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia e do Concello de Mos, entre outros patrocinadores.

Á presentación asistiron Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Daniel Benavides, Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do Ximnasio Molis Box e organizador do evento, José Areal, concelleiro de Deportes e Julia Loureiro, concelleira da parroquia de Guizán.

8 e 9 de abril

A competición celebrarase os días 8 e 9 de abril (despois dos festivos de Semana Santa). O venres 7 farase a entrega dos packs de benvida. Levarase a cabo no Campo de Fútbol de Santiaguiño onde haberá amplo aparcamento. Trátase dun entorno natural ao paso do Camiño de Santiago. Contarase con zona habilitada para stands comerciais, bar, zona de comidas.

A afluencia prevista para este evento é de sobre 1.000 persoas, contando atletas, xuíces, equipo de Molis Legend, e público; o que beneficiará á hostalería local.

Preto de 300 participantes

Participarán 280 atletas, que xa están confirmados, e virán chegados de toda España e Portugal. Contarase con deportistas ‘top mundial’, como: Sara Alicia, David Mata ou Valentina Rangel. Tdas elas e eles deberán competir en 6 probas de 7 categorías diferentes, tanto individual como parellas mixtas.

O nome da competición fai referencia a Mos, xa que Terra de Molis no século XII sinalaba esta zona, e a rosa do logo é a que se atopa nos escudo e bandeira do Concello.

También te puede interesar