Comarcas Vigo al minuto

Corte de tráfico pola noite na A-55 pola obras do treito da autovía de Tui-A Guarda

Entre as 22:00h. deste mércores e as 06:00h. de mañá, xoves

Corte de tráfico pola noite na A-55 pola obras do treito da autovía de Tui-A Guarda

Entre as 22:00h. deste mércores e as 06:00h. de mañá, xoves

Segue adiante a execución das obras do treito da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e do polígono de Areas, uns traballos que farán preciso un corte de tráfico nocturno entre este mércores e mañá, xoves.

De as 10 da noite de hoxe ás 06:00h. de mañá

Exactamente, esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo desde as 22,00 horas de hoxe e ata as 06,00 horas de mañá, cando quedará restablecida a circulación.

Montaxe do segundo van de vigas do paso superior

Este corte é necesario para proceder á montaxe do segundo van de vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta, sobre a autovía, co fin de poder dar servizo aos ramais, no tronco da autovía e a conexión coa N-551.

Neste sentido, é preciso o corte total de ambas as calzadas da autovía para executar os traballos en condicións de seguridade e con menores afeccións ao tráfico.

Alternativas

Por iso, co obxectivo de poder dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormente á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa. Así, este itinerario implica un tempo de percorrido de entre 8 e 10 minutos.

A previsión da Xunta, que investirá 30 millóns de euros nestes traballos, e que os enlaces da A-55 e Areas estean en servizo a finais do verán.

También te puede interesar