Galicia Vigo al minuto

Pilar Martínez, número 2 da candidatura do Partido Socialista en Redondela

Xa fora concelleira en 1999

Xa fora concelleira en 1999

Digna Rivas volve presentarse como candidata do PSdeG á alcaldía de Redondela e anuncia a Pilar Martínez González como segunda da lista electoral para as eleccións municipais do 28 de maio.

“As mulleres somos capaces de todo. Digna Rivas e máis eu coñecémonos da mesma loita en Redondela e xuntas non sumamos, xuntas multiplicamos”, declara Martínez.

Pilar Martínez naceu en 1954 e leva dende os 20 anos vivindo en Redondela. Aquí formou a súa familia e asentou a súa vida profesional. É médica pediatra de profesión, aínda que xa está xubilada, e é tamén a fundadora da ONG Da Man coa que dedica o seu tempo ao traballo solidario, a axuda humanitaria e a cooperación en países en vías de desenvolvemento.

Esta non é a primeira vez que se presenta nas listas electorais do municipio, chegando a ser Concelleira de Saúde e Medio Ambiente no ano 1999.

También te puede interesar