Galicia Vigo al minuto

Alerta laranxa por temporal na costa

Dende primeira hora da tarde, nas Rías Baixas

Alerta laranxa por temporal na costa

Dende primeira hora da tarde, nas Rías Baixas

A dirección Xeral de Emerxencias, organismo dependente da Xunta, activou un aviso de nivel laranxa para este xoves por temporal en toda a costa de Galicia.

Dacordo coa previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), comezou de mañá no litoral da Coruña e dende a ‘hora de xantar’ seguirá pola Mariña Lucense e as Rías Baixas. Así, dende agora, agárdase ‘mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de até 6 metros’.

Á vista deste feito, dende a dirección eral de Emerxencias lembran que o mellor é non achegarse á liña de costa e paseos marítimos e tomar todas as medidas de seguridade se hai que sair ao mar.

Fronte fría

Ao mesmo tempo, dacordo co pronóstico de MeteoGalicia, estamos baixo a influencia dunha nova fronte fría. Así, teremos ceos nubrados e precipitacións que se intensificarán pola tarde.

Eso sí: as temperaturas máximas mantense e, por cidades os termómetros marcarán 18 graos en A Coruña; 17 en Ferrol e Ourense; 16 en Pontevedra e Vigo-con 13 de mínima-; 15 en Lugo e 14 en Santiago.



También te puede interesar