Comarcas Vigo al minuto

Nova liña de bus, ás 06:40h, entre O Morrazo e os hospitais de Vigo

A volta será ás 15:15h.

Ojo al tráfico si vas al Cunqueiro

A volta será ás 15:15h.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade anunciou este mércores unha nova liña de autobús a primeira hora da mañá para mellorar o servizo aos veciños da comarca do Morrazo cara aos hospitais de Vigo, con volta ao comezo da tarde.

Na súa intervención hoxe no Parlamento, Ethel Vázquez explicou que este novo servizo trata de atender as demandas trasladadas, aínda que diverxentes, polos concellos de Cangas e de Moaña.

Primeiro autobús ás 06:40h.

Por iso, habilitarase unha liña de luns a venres ás 06,40 horas da mañá con percorrido Cangas- Moaña-rúa Pizarro; e outra que fará o percorrido Cangas-Moaña-Meixoeiro-Álvaro Cunqueiro. Tal e como concretou, terá unha expedición de volta ás 15:15 horas.

Buses O Morrazo-Vigo

Así, Ethel Vázquez referiu a oferta de autobuses da Xunta que unen o Morrazo con Vigo: 8 liñas, 54 servizos diarios, de luns a venres, desde as 5 da mañá ata ás 10 da noite; 6 liñas conectan cos hospitais, 13 servizos diarios, desde as 06,40 horas da mañá á última da tarde; e 15 servizos de volta, desde a 08,10 horas ás 22,15 horas.

As fins de semana, hai 16 servizos diarios de ida e volta os sábados e 14 os domingos, tamén nunha ampla franxa horaria.

También te puede interesar