Destacados Vigo al minuto

Mira: así podes ir gratis a Cíes e Ons esta Semana Santa

A través de 35 rutas

350 rutas guiadas con 4.000 prazas para visitar as Illas Atlánticas ata setembro

A través de 35 rutas

A Xunta ofrece durante esta Semana Santa un total de 650 prazas para coñecer as illas Cíes e Ons, a través de 35 rutas guiadas e de carácter gratuíto. Para participar, as persoas interesadas poden reservar xa a súa praza en liña a través da central de reservas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas ou agardar ao propio día da súa visita para facelo de forma presencial nas casetas de información.

Guías profesionais

Estas visitas, dirixidas por guías profesionais do Parque marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, pretenden contribuír a dar a coñecer patrimonio natural de ambos arquipélagos e aspectos destacados da súa historia. Todas as rutas están pensadas para grupos reducidos para garantir unha experiencia de calidade e o máis personalizada posible.

Estas son as rutas que podes escoller

En concreto, as persoas interesadas poderán escoller entre rutas como ‘Cíes, unha illa de paisaxes’ ou ‘Ons, unha illa con 2 caras’, nas que visitarán miradoiros e nas que se abordarán cuestións xerais sobre os seus valores naturais. No caso de Cíes, unha viaxe no tempo e Ons, un pobo no mar trataranse aspectos de carácter histórico-etnográfico.

A maiores, tamén se ofrecerán outras rutas máis curtas e específicas como ‘Entre mareas’, ‘O secreto da praia de Rodas’, ‘Silencio! Píase’ ou ‘Por que a auga está tan fría?’, que amplían o coñecemento dalgúns valores naturais especialmente relevantes como a zona intermareal ou o complexo lago-duna de Rodas.

Tamén para nenas e nenos

As devanditas rutas están recomendadas para público adulto, pero para os menores de 12 anos hai unha oferta específica denominada Illas a vista de paxaro. Estas rutas teñen dinámicas participativas coas que as aves irán presentando a paisaxe das illas á cativada participante. Están recomendadas para idades comprendidas entre 6 e 12 anos e os menores deberán ir acompañados na ruta por unha persoa adulta.

También te puede interesar