Destacados Vigo al minuto

20 novos contratos indefinidos en Vitrasa, tras denuncias de exceso de xornada

A CIG cifra o mesmo en 50.000 horas

20 novos contratos indefinidos en Vitrasa, tras denuncias de exceso de xornada

A CIG cifra o mesmo en 50.000 horas

A sección sindical da CIG en Vitrasa «logrou» que a empresa «teña que facer 20 novos contratos indefinidos», tras denunciar diante da Inspección de Traballo o exceso de xornada. Neste sentido, a central sindical cifra nunhas 50.000 horas as que o persoal fai a maiores ao ano, sumando horas extraordinarias e descansos traballados.

Denuncia

Deste xeito, a representación da CIG presentara en novembro do ano pasado unha denuncia na Inspección ante o «elevado exceso de xornada que se rexistra ao longo do ano, o que lle permite a Vitrasa cubrir os servizos sen contratar o persoal necesario«. Agora, a autoridade laboral vén de emitir unha resolución na que lle require á compañía de transportes que non exceda o límite legal de exceso de xornada. “Debendo contratar a novo persoal, no seu caso, coa finalidade de evitar estes excesos”, tal e como figura na propia comunicación da Inspección de Traballo.

20 novos condutores e condutoras

Deste xeito, Vitrasa xa confirmou que procederá a contratar de xeito indefinido a 20 novos condutores en cumprimento da resolución. Dende a sección sindical da CIG na empresa amosan a súa satisfacción polo requirimento. Ademais, trasladan a súa “felicidade” polo feito que “20 novas familias vaian ter un emprego para poder gañarse a vida«

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.