Vigo al minuto

Vitrasa “esixe” que o billete custe 1,63€

“É unha ridiculez dicir que o Concello subvenciona aos vigueses e non á empresa”

El billete de Vitrasa "es prácticamente gratis" para los vigueses que usan la PassVigo

“É unha ridiculez dicir que o Concello subvenciona aos vigueses e non á empresa”

Marea de Vigo advirte de que Vitrasa esixe que o billete do bus custe 1,63€ fronte ao 1,49€ aprobado polo Goberno local hai uns días. Por isó, o concelleiro Rubén Pérez adianta que “teremos novos capítulos deste sainete” sobre o prezo do transporte público. Neste sentido, apunta que o Goberno municipal desestimou o recurso da concesionaria polo que urxe á convocatoria do Consello Municipal de Transporte, que leva un ano sen convocarse, para que se dean as aclaracións sobre esta situación concesional e os conflitos entre Concello, empresa e cadro de persoal.

Sistema de cálculo obsoleto

O voceiro de Marea de Vigo, lembrou que ter un sistema de cálculo polinómico da tarifa “absolutamente obsoleto” e que queda condicionado a investimentos moitas veces que nada teñen que ver con sistemas modernos de transporte ou prioridades do servizo. Iso “fai que teñamos un prezo do billete ordinario esaxeradoe obriga ao Concello a “maquillalo con ingresos públicos extra para baixalo”.

O Concello non subvenciona aos veciños

Así, Rubén Pérez asegura que é inxustificable e manter este sistema de cálculo de tarifa ampliando 5 anos a concesión coa escusa da situación COVID19. Isto provoca un prezo do billete “astronómico” e “logo a dicir ridiculeces como que non se subvenciona a Vitrasa senón aos veciños e veciñas de Vigo”. 

Vitrasa cobra 1,49€ por billete, non 0,49€, como di o alcalde

“O que debe saber calquera veciño ou veciña e que Vitrasa cobra igualmente 1,49€ por cada persoa que suba a un bus, e se eles pagan menos é porque a diferencia é ingresada nas contas bancarias da empresa con recursos públicos municipais que poderían ser empregados para outros fins e mesmo para ampliar e mellorar o servizo de transporte urbano na cidade, se non tivésemos que tapar as vergoñas históricas dun sistema concesional absolutamente inxusto para a cidade de Vigo“, sinala Rubén Pérez.

Unha prórroga de 5 anos inxustificable

Marea de Vigo considera que “foi un erro evidente a ampliación concesional e o sistema decidido para compensar a Vitrasa pola perda de viaxeiros derivaba da situación de pandemia“. Pérez entende que que en vez de compensar economicamente polar perdas como se fixo en case todas as cidade do Estado en base ao Real Decreto emitido polo Goberno, “aquí optouse  sorpresivamente por empregar a cláusula que figura no contrato do ano 1995, a de 5 anos prorrogables a un máximo de 35 contando o período concesional inicial.

También te puede interesar