Comarcas Vigo al minuto

Salceda acondiciona a escola da Revolta para usos comunitarios

Pasará a ser un espazo accesible e polivalente

Pasará a ser un espazo accesible e polivalente

Nos últimos días deron comezo as obras de acondicionamento e mellora da Escola da Revolta na parroquia de Parderrubias, en Salceda de Caselas. Trátase dunha actuación impulsada polo Concello, que conta cun orzamento de 12.293€ e que, como sinalou a alcaldesa, «é unha das actuacións máis importantes para garantir a accesibilidade do centro».

Reforma integral

Verónica Tourón apuntou que estes traballos «seguen a liña de traballo que ten como finalidade que todas as instalacións municipais sexan accesibles e sustentábeis».

Así, para elo, está previsto instalar tarima na aula, rodapés e novas fiestras. Tamén haberá unha mellora do illamento da aula; acometerase a rehabilitación integral do aseo existentes, con novas tomas de auga, electricidade e aparatos sanitarios adaptados.

Uso de colectivos e asociacións veciñais

Nesta mesma liña, a recuperación deste espazo, facilitará destinalo a disgrute por colectivos e asociacións da parroquia para o desenvolvemento de actividades de carácter cultural e social. «Creamos, así, un novo espazo polivalente, aproveitando os recursos municipais e que o seu uso sexa moito máis eficiente«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.